Rajoy marcha "satisfeito" do cumio europeo sobre orzamentos malia o fracaso na negociación. "Vinte e sente países negociando non é doado, pero sorprendeume o espírito construtivo", di en El Diario.
Fálase
Os gandeiros galegos lanzan un "ultimatum" e ameazan con suspender pagos. Comezarán unha folga de entregas o vindeiro martes e SLG, UUAA e XXAA advirten que non será "unha mobilización máis".
Fracasa o cumio da UE por diferenzas sobre o recorte orzamentario. O Goberno alemán non aceptou a proposta do Reino Unido, que pedía un axuste aínda máis duro que os 80.000 millóns que propoñía Van Rompuy.
EH-Bildu participa nunha homenaxe a dous ertzainas asasinados por ETA e subliña o seu apoio a "todas as vítimas de todas as violencias". Hai poucos días a formación abertzale participou tamén nunha lembranza ao ex ministro Ernest Lluch.
Feijóo ve "reforzada" a "maioría" do decreto do plurilingüismo polo TSXG e quítalle responsabilidade a Jesús Vázquez. Máis información, esta tarde en Praza.
A Xunta publica a listaxe de días festivos de carácter local para o ano 2013 en todos os concellos de Galicia
O SUP fai público o borrador que vincularía á familia de Mas coa corrupción en CiU, pero no que non hai referencias ao candidato. O informe vincularía a FAES co cobro ilegal de comisións en Catalunya. Cóntao El Diario.
Un palestino morto e oito feridos en Gaza por disparos israelís. Sería a primeira violación da tregua acordada entre Hamas e o Goberno hebreo esta mesma semana.
Grecia anuncia "grandes problemas" se non hai acordo sobre o seu rescate o luns. "Poden imaxinar como reaccionarían os mercados e a opinión pública grega se logo de tantos anos de austeridade os europeos non dan o prometido", advirte Sturnaras, ministro de Finanzas.
O xornal portugués Público analiza a campaña de 'crowdfunding' contra a tauromaquia na Coruña e destaca que xa conseguiu máis da metade dos cartos necesarios.