Feijóo ve "reforzada" a "maioría" do decreto do plurilingüismo polo TSXG e quítalle responsabilidade a Jesús Vázquez. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
A Xunta publica a listaxe de días festivos de carácter local para o ano 2013 en todos os concellos de Galicia
O SUP fai público o borrador que vincularía á familia de Mas coa corrupción en CiU, pero no que non hai referencias ao candidato. O informe vincularía a FAES co cobro ilegal de comisións en Catalunya. Cóntao El Diario.
Un palestino morto e oito feridos en Gaza por disparos israelís. Sería a primeira violación da tregua acordada entre Hamas e o Goberno hebreo esta mesma semana.
Grecia anuncia "grandes problemas" se non hai acordo sobre o seu rescate o luns. "Poden imaxinar como reaccionarían os mercados e a opinión pública grega se logo de tantos anos de austeridade os europeos non dan o prometido", advirte Sturnaras, ministro de Finanzas.
O xornal portugués Público analiza a campaña de 'crowdfunding' contra a tauromaquia na Coruña e destaca que xa conseguiu máis da metade dos cartos necesarios.
A empresa que xestiona o Palacio de Congresos de Madrid decide suspender a homenaxe ao ditador Francisco Franco que se ía celebrar no recinto. En El Diario
O cumio no que os socios da UE negociaban os próximos orzamentos rematou esta noite sen acordo. Sobre a mesa está a posibilidade de que o Estado español perda uns 20.000 millóns de euros, nunhas contas especialmente relevantes para sectores como agro e pesca. Na Cadena SER.
O ex presidente Emilio Pérez Touriño presentou onte as súas memorias baixo o título O futuro é posible. Trátase dun volume crítico con parte dos dirixentes socialistas da época no que, ademais, considera que PSdeG e BNG teñen que tecer unha "cultura de coalición no día a día". En El País.
A xuíza Pilar de Lara mantén imputado o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, tras unha declaración de cinco horas. A maxistrada non lle impuxo fianza ningunha ao socialista, que asegurou deixar todo "aclarado" e se "reafirmou" na súa inocencia.