Fracasa o cumio da UE por diferenzas sobre o recorte orzamentario. O Goberno alemán non aceptou a proposta do Reino Unido, que pedía un axuste aínda máis duro que os 80.000 millóns que propoñía Van Rompuy.
Fálase
EH-Bildu participa nunha homenaxe a dous ertzainas asasinados por ETA e subliña o seu apoio a "todas as vítimas de todas as violencias". Hai poucos días a formación abertzale participou tamén nunha lembranza ao ex ministro Ernest Lluch.
Feijóo ve "reforzada" a "maioría" do decreto do plurilingüismo polo TSXG e quítalle responsabilidade a Jesús Vázquez. Máis información, esta tarde en Praza.
A Xunta publica a listaxe de días festivos de carácter local para o ano 2013 en todos os concellos de Galicia
O SUP fai público o borrador que vincularía á familia de Mas coa corrupción en CiU, pero no que non hai referencias ao candidato. O informe vincularía a FAES co cobro ilegal de comisións en Catalunya. Cóntao El Diario.
Un palestino morto e oito feridos en Gaza por disparos israelís. Sería a primeira violación da tregua acordada entre Hamas e o Goberno hebreo esta mesma semana.
Grecia anuncia "grandes problemas" se non hai acordo sobre o seu rescate o luns. "Poden imaxinar como reaccionarían os mercados e a opinión pública grega se logo de tantos anos de austeridade os europeos non dan o prometido", advirte Sturnaras, ministro de Finanzas.
O xornal portugués Público analiza a campaña de 'crowdfunding' contra a tauromaquia na Coruña e destaca que xa conseguiu máis da metade dos cartos necesarios.
A empresa que xestiona o Palacio de Congresos de Madrid decide suspender a homenaxe ao ditador Francisco Franco que se ía celebrar no recinto. En El Diario
O cumio no que os socios da UE negociaban os próximos orzamentos rematou esta noite sen acordo. Sobre a mesa está a posibilidade de que o Estado español perda uns 20.000 millóns de euros, nunhas contas especialmente relevantes para sectores como agro e pesca. Na Cadena SER.