Milleiros de traballadores do sistema sanitario maniféstanse en Madrid contra os recortes na chamada "marea branca".
Milleiros de traballadores do sistema sanitario maniféstanse en Madrid contra os recortes na chamada "marea branca".
Estase a desenvolver a XII Asemblea Nacional de Galiza Nova, que elixirá un novo ou nova secretaria xeral, pois Iria Aboi, que ocupa o cargo dende 2007, non se presenta á reelección. Pecharase ás oito da tarde coa intervención do voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez. Imaxe via @daniel.abade
Pedro Puy afirma nunha entrevista na Cadena Ser que vería con bos ollos que o goberno da Xunta se dotase dunha vicepresidencia, pero salienta que é "unha decisión que lle compete" a Núñez Feijoo.
Desastre deportivista en Riazor. Caeu 0-2 ante o Levante, Riki fallou un penalti, Aranzubia foi expusado e Álex Bergantiños xogou os últimos 20 minutos como porteiro. O Dépor ocupa postos de descenso.
O Apóstolo gaña o premio á mellor longametraxe no 11 Festival de Cine Español de Marsella
O BNG vén de presentar unha pregunta no Congreso respecto da retirada da axuda económica do Ministerio de Cultura que até agora viña recibindo o Festival de Cans.
Público analiza evolucion que seguiron algunhas das empresas que se enriqueceron coa construción do Valle de los Caidos: a Banca March, Huarte, Banús ou Agromán, e que continúan hoxe estando entre os principais poderes do Estado.
Quinto día de bombardeos israelís sobre Gaza. Os ataques dende o mar e o aire matan tres nenos e céntranse nas instalacións dos medios de comunicación para evitar que os xornalistas informen ao mundo da agresión.
Varios xornais publican este domingo as últimas enquisas antes das eleccións catalás do vindeiro domingo. Todas coinciden en que CiU está lonxe de acadar a maioria absoluta. Artur Mas obteria entre 60 e 64 escanos, fronte aos 62 actuais, e confirma a tendencia descendente das últimas semanas. ERC capitaliza o debate soberanista e obteria entre 14 e 20 escanos (hoxe ten 10). O PSC afunde até os 15-19 (hoxe ten 28) e o PP móvese entre os 15 e os 20 (hoxe ten 28). Soben tamén ICV, que se move entre os 12 e os 16 (hoxe 10) e Ciutadans 5-8 (hoxe 3). Solidaritat e sobre todo as CUP tamén poderian entrar no Parlament.
O Lugo caeu na casa 1-2 ante o Girona. Iago Díaz (69') marcou para os locais e Acuña (8') e Luso (76') para os visitantes.