Varios xornais publican este domingo as últimas enquisas antes das eleccións catalás do vindeiro domingo. Todas coinciden en que CiU está lonxe de acadar a maioria absoluta. Artur Mas obteria entre 60 e 64 escanos, fronte aos 62 actuais, e confirma a tendencia descendente das últimas semanas. ERC capitaliza o debate soberanista e obteria entre 14 e 20 escanos (hoxe ten 10). O PSC afunde até os 15-19 (hoxe ten 28) e o PP móvese entre os 15 e os 20 (hoxe ten 28). Soben tamén ICV, que se move entre os 12 e os 16 (hoxe 10) e Ciutadans 5-8 (hoxe 3). Solidaritat e sobre todo as CUP tamén poderian entrar no Parlament.