Anonymous publica os nomes e números de placa de 18 axentes dos Mossos d'Esquadra, supostamente antidisturbios. O colectivo asegura que foi quen de piratear o propio sistema informático do corpo, algo que nega a Generalitat.
Fálase
A Coordinadora Nacional de ANOVA, que se reuniu este sábado, acordou denunciar a agresión que está a sufrir o pobo palestino. Asi mesmo denunciou as prospeccións e explotacións mineiras na procura de metais raros proxectadas na serra do Galiñeiro e outros puntos da xeografía galega.
Israel continúa cos seus ataques en Gaza. Os seus bombardeos matan oito palestinos máis.
Nas negociacións entre PP e PSOE o Goberno chegou a ofrecer esixirlles aos bancos 3.000 vivendas para aluguer social pero despois retirou a súa oferta, segundo publica ElDiario. Para Julio Rodríguez (negociador do PSOE) "as familias en risco de exclusión dentro de dous anos estarán peor que agora"
Nace en Lalin o Movemento dezao polo Ensino Público coa intención "de reflexionar sobre o momento que está a atravesar o ensino público na comarca". Busca "aglutinar todos os que teñan algo que ver co ensino (familias: pais/nais e alumnado, docentes e traballadores non docentes)".
O BNG celebrou reunión do seu Consello Nacional e Guillerme Vázquez realizou unha intervención aberta aos medios. O Bloque solidarizouse co pobo palestino e chamou a participar nas convocatorias do movemento feminista o 25-N. Ademais, culpa dos desafiuzamentos a PP e PSOE.
ANOVA reúne a súa coordinadora en Compostela. Debate a súa estratexia parlamentaria, a solidariedade con Palestina ou os actos do 25N
A metade dos galegos gaña menos de mil euros ou carece totalmente de ingresos. A taxa de precariedade en Galicia é do 47%, catro puntos por riba da media do Estado, e só por detrás de Extremadura, Andalucía e Murcia. O informe do Ministerio de Facenda salienta que cada vez de fai máis grande a diferenza entre clases sociais.
Xa son 39 as persoas mortas en Gaza polos bombardeos israelis dende o mércores. Israel relata na conta de twitter do seu Exército os resultados da súa ofensiva
A ex ministra de vivenda, María Antonia Trujillo (PSOE), sementa a polémica ao sentenzar sobre os desafiuzamentos: "Quen teña débedas, que as pague", dixo en Twitter a responsable de controvertidas campañas como as Kelly Finders. En La Vanguardia.