O PP evita a no Parlamento a reprobación do alcalde de Baralla, que xustificou os crimes do franquismo. Máis información, esta mañá en Praza.

O PP evita a no Parlamento a reprobación do alcalde de Baralla, que xustificou os crimes do franquismo. Máis información, esta mañá en Praza.
A Xunta informa dun incendio activo en Arbo e doutros dous controlados en Piñor e Tui. O Goberno galego segue sen ofrecer datos dos lumes de menos de vinte hectáreas.
Feijóo sinala en TVE que non se "atrevería a dicir" que exista unha "trama organizada" para provocar incendios. En 2006, como líder da oposición, o actual presidente amosouse partidario da teoría da existencia desa "trama"
O Celta marca o primeiro gol da historia do novo San Mamés por medio de Charles, pero cae finalmente ante o Athletic (3-2) nun vibrante partido.
O persoal de Povisa retoma as mobilizacións tras os incumprimentos da empresa e a súa negativa a negociar un novo convenio
Investigadores do colectivo Carta por la Ciencia solicitan unha reunión a todos os partidos parlamentarios para que nos Orzamentos de 2014 se incremente en 636 millóns de euros a partida destinada a I+D.
O tenente de alcalde de Nigrán abandona o seu cargo e pasa ao Grupo Mixto, deixando o goberno municipal do PP en minoría.
O Festival de Cinema Fantástico da Coruña, Freakemacine, botou a andar este luns cunha video-regueifa entre Javi Camino e o Hematocrítico.
O Partido Animalista levará hoxe ao Congreso máis de 85 mil sinaturas para prohibir a celebración do festexo do Toro de la Vega. Hai uns días representantes de Pacma acudiros a Bruxelas para entregarlle unha carta aberta aos eurodeputadas.
O Tribunal Constitucional estuda a recusación do seu presidente, Francisco Pérez de los Cobos, proposta pola Generalitat, pola ter militado no PP no pasado.