Esta fin de semana celébrase en lugo o Encontro de Cineclubes baixo o lema Descubrir, lembrar, escoitar... ver cinema para vivir! Podedes consultar aquí o programa
Fálase
Artur Mas defende ante representantes do empresariado catalán o "respecto á vontade popular expresada nas urnas". En El Diario.
O rei di dende a India que "dende fóra, España vese mellor" porque "dende dentro, dan ganas de chorar". Cóntao El Mundo.
Este sábado o BNG e Anova reúnen os seus respectivos órganos de dirección -Consello Nacional e Coordinadora Nacional- para analizaren os resultados das eleccións do pasado domingo
As cifras do paro figuran este sábado nas portadas da práctica totalidade dos diarios impresos, aínda que priorizadas de diferente xeito segundo a cabeceira
Caja Rural de Granada, a entidade coa que tiña a hipoteca o home que se suicidou no día en que o ían desafiuzar, emite un comunicado lamentando o seu falecemento. En El Diario.
Bankia xa rexistra as peores perdas de toda a historia do sistema financeiro español. Cóntao a Cadena SER
O ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi vén de ser condenado a catro anos de prisión por fraude fiscal. Aínda pode recorrer a sentenza. En El País.
A mobilización cidadá consegue frear en Ferrol o desafiuzamento dunha parella e da súa filla de oito anos.
A secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, fixa a antigüidade de España en 500 anos, como antes o fixera Alberto Núñez Feijóo. Esperanza Aguirre, pola súa banda, elevou a cifra a 3.000 anos durante a campaña electoral galega. Na web de Europa Press.