Este sábado o BNG e Anova reúnen os seus respectivos órganos de dirección -Consello Nacional e Coordinadora Nacional- para analizaren os resultados das eleccións do pasado domingo
Fálase
As cifras do paro figuran este sábado nas portadas da práctica totalidade dos diarios impresos, aínda que priorizadas de diferente xeito segundo a cabeceira
Caja Rural de Granada, a entidade coa que tiña a hipoteca o home que se suicidou no día en que o ían desafiuzar, emite un comunicado lamentando o seu falecemento. En El Diario.
Bankia xa rexistra as peores perdas de toda a historia do sistema financeiro español. Cóntao a Cadena SER
O ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi vén de ser condenado a catro anos de prisión por fraude fiscal. Aínda pode recorrer a sentenza. En El País.
A mobilización cidadá consegue frear en Ferrol o desafiuzamento dunha parella e da súa filla de oito anos.
A secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, fixa a antigüidade de España en 500 anos, como antes o fixera Alberto Núñez Feijóo. Esperanza Aguirre, pola súa banda, elevou a cifra a 3.000 anos durante a campaña electoral galega. Na web de Europa Press.
O Goberno central nomea a Santiago Camba, ata agora secretario xeral de Emigración da Xunta, "conselleiro de Emprego e Seguridade Social" na Arxentina pola "dilatada experiencia que acredita no ámbito sociolaboral". A designación figura no BOE de hoxe e ten un mes para incorporarse.
#CMin A ministra de Emprego teima en que a reforma laboral mantén o despedimento como "último recurso" e defende a fin da autorización administrativa para os ERE, que hoxe se regula por decreto
Cantabria tamén pide o rescate. A comunidade, gobernada polo PP, é a nove autonomía que acode ao Fondo de Liquidez Autonómica.