O Goberno central nomea a Santiago Camba, ata agora secretario xeral de Emigración da Xunta, "conselleiro de Emprego e Seguridade Social" na Arxentina pola "dilatada experiencia que acredita no ámbito sociolaboral". A designación figura no BOE de hoxe e ten un mes para incorporarse.
