#CMin O Goberno central crea unha comisión para a "reforma das Administracións públicas". Di Soraya Sáenz de Santamaría que desenvolverá unha "auditoría completa ás estruturas administrativas" e evitará que "as administracións nos solapemos".
Fálase
O CSI-F decide non apoiar a folga xeral do 14 de novembro. O sindicato de funcionarios di que non se sumará ao paro "por responsabilidade".
O Goberno dá por feito que este ano non cumprirá o déficit, que rozará o 7%. Segundo di El Economista, Rajoy xa ten asumido que non cumprirá co obxectivo marcado por Bruxelas.
O paro sobe en 85.000 personas no terceiro trimestre e a taxa chega ao 25,02%, segundo a EPA. En total en España hai 5.778.100 desempregados e desempregadas. Un novo récord histórico. En Galicia o paro descende en 11.900 persoas e sitúase nunha cifra total de 264 mil.
A Generalitat abandona os máis pobres. O Goberno catalán retiroulle a renda básica a milleiros de persoas. As persoas que superan os novos filtros teñen que agardar uns dez meses para recibir os cartos
O DOG publica este venres o cesamento de Juan Carlos Fernández Fasero como xerente da Agadic
Ás once da mañá convócase unha concentración en Ferrol para evitar un desafiuzamento. Será nas vivendas sindicais de San Pablo en Catabois.
Nove persoas suicídanse cada día en España; tres por culpa da crise. O suicidio convértese na primeira causa de morte non natural, por diante dos accidentes de tráfico.
O Goberno prepara a petición de rescate. O Partido Popular considera que Rajoy non debe renunciar ao seu cargo nin convocar eleccións anticipadas, tal e como fixeron os primeiros ministros de Grecia, Irlanda e Portugal.
WikiLeaks comeza a difundir documentos sobre o trato a presos en Guantánamo. Anuncia que ao longo do vindeiro mes difundirá os arquivos coas indicacións seguidas polos cargos militares durante máis dunha década.