Nove persoas suicídanse cada día en España; tres por culpa da crise. O suicidio convértese na primeira causa de morte non natural, por diante dos accidentes de tráfico.
Fálase
O Goberno prepara a petición de rescate. O Partido Popular considera que Rajoy non debe renunciar ao seu cargo nin convocar eleccións anticipadas, tal e como fixeron os primeiros ministros de Grecia, Irlanda e Portugal.
WikiLeaks comeza a difundir documentos sobre o trato a presos en Guantánamo. Anuncia que ao longo do vindeiro mes difundirá os arquivos coas indicacións seguidas polos cargos militares durante máis dunha década.
Colgan unha imaxe da Vía Láctea de 9 mil millóns de píxeles e cun peso de 24,6 GB. Se se imprimise á resolución habitual dos libros mediría 9 x 7 metros. Pódese descargar aquí
O Concello de Madrid prohíbelles ás persoas enfermas de sida exercer a profesión de taxistas. En El País.
Cada cidadán achegou máis de 1.800 euros para sanear a banca en 2010, ano no que a maioría das axudas públicas destináronse ás entidades financeiras. Cóntao El Diario.
Obama pon España como exemplo da falta de reacción ante a crise. "Cando estoupou a burbulla inmobiliaria, non se reaccionou axia; agora ten moitos problemas para obter préstamos", destacou nun programa de televisión.
A asociación A Xuntanza, que agrupa a veciñanza do barrio compostelán de San Pedro, chama a "protexer e acariñar" o Camiño de Santiago no vixésimo quinto aniversario da súa declaración como primeiro itinerario cultural europeo. O Camiño, que atravesa o barrio, require "políticas que permitan a súa sustentabilidade", din nun comunicado
O Goberno central anticipa que os datos do paro que fará públicos este venres amosarán unha situación "dramática". En Público.es
Dúas de cada tres pemes catalás apostan pola independencia, segundo unha enquisa realizada pola patronal Pimec entre os seus asociados.