O Goberno central anticipa que os datos do paro que fará públicos este venres amosarán unha situación "dramática". En Público.es

O Goberno central anticipa que os datos do paro que fará públicos este venres amosarán unha situación "dramática". En Público.es
Dúas de cada tres pemes catalás apostan pola independencia, segundo unha enquisa realizada pola patronal Pimec entre os seus asociados.
Javier Marías explica en rolda de prensa as razóns que o levan a rexeitar o Premio Nacional de Narrativa, que concede o Ministerio de Cultura: "Estou sendo coherente co que sempre dixen, que nunca recibiría un premio institucional. Se estivese o PSOE no teria feito o mesmo"
O Consello da Cultura homenaxea hoxe a xornalista Tareixa Navaza por toda a súa traxectoria profesional baixo o lema A voz da liberdade. Navaza foi unha das pioneiras do xornalismo audiovisual en galego e sufriu fortes represalias laborais polo seu labor de narración da traída dos restos de Castelao a Galicia, en 1984.
Amancio Ortega dona a Cáritas 20 millóns de euros. O dono de Inditex vén de asinar un convenio coa organización.
A Universidade Complutense deixa de pagar parte do soldo aos profesores: anúncialles por carta que non poderá adiantarlles o complemento adicional correspondente ao segundo semestre.
Juan Carlos Fernández Fasero abandona a xerencia da Agadic. O Consello da Xunta aprobou hoxe o seu cesamento e incorporarase á dirección da SGAE Noroeste.
Un home suicídase en Granada o día que o banco lle ía arrebatar a súa casa por unha hipoteca impagada. Stop Desahucios denuncia que na cidade hai unha media de catro desaloxos diarios
O líder da colaboración LHCb do CERN, Puierluigi Campana, presidirá este venres na Facultade de Física da USC un tribunal de tese doutoral. Os investigadores do CERN Thomas Ruf e Frederic Teubert tamén forman parte do tribunal que examina a tese de Xabier Cid Vidal que serviu para excluír, empregando datos do acelerador, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa (chamadas supersimétricas)
A Comunidade Valenciá gastou 826.000 euros en propaganda unha semana antes de pedir o rescate. A campaña Som Comunitat vende a imaxe dunha Valencia de ensoño sen referencia ninguna ás dificultades económicas