A Comunidade Valenciá gastou 826.000 euros en propaganda unha semana antes de pedir o rescate. A campaña Som Comunitat vende a imaxe dunha Valencia de ensoño sen referencia ninguna ás dificultades económicas
Fálase
CCOO demandará a La Razón por mostrar nenos na súa portada. O sindicato denuncia o diario ante a Fiscalía de Menores logo da súa polémica portada tras a manifestación contra os recortes en educación.
Rubalcaba: "En Galicia a alternativa precisaba de catro partidos e iso a xente veo regular". O secretario xeral do PSOE asegura que Pachi Vázquez fixo "unha boa campaña" pero pensa que o problema estivo no hipotético futuro goberno. Cóntao nunha entrevisa na Ser.
Bruxelas esixe que a banca con axudas despida con tan só 20 días por ano. Pide que se aplique a reforma laboral á hora de axustar os cadros de persoal das entidades.
A galega Verónica Boquete mete a España na Eurocopa cun gol no último minuto da prórroga. Dous minutos antes errara un penalti, pero a selección española acabou gañando 3-2.
The Guardian analiza como cambiou nas últimas décadas o electorado norteamericano: agora é menos branco, menos relixioso e máis urbano.
ARA destaca as voces públicas que dende fóra de Catalunya apoian o dereito de autodeterminación de Catalunya, coma El Gran Wyoming, Vicente del Bosque ou Miguel Bosé.
En Galicia licéncianse cada ano ao redor de 2.000 enxeñeiros. O Faro de Vigo conta que cada vez son máis os que van traballar fóra pola falta de oportunidades en Galicia e polas mellores condicións noutros paises.
O vicevaledor do pobo, Domingos Merino, abandona o seu cargo por motivos de saúde. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o seu cesamento.
Unha enquisa de El Periódico deixa CiU ás portas da maioría absoluta. O partido de Artur Mas obteria 64-65 escanos, fronte a un PSC que caería até os 20-21 e un PP que tamén baixaría até 15-16. Soben ERC (15-16), ICV-EUiA (13-14) e Ciutadans (5-6). Solidaritat queda fóra do Parlamento.