Bruxelas esixe que a banca con axudas despida con tan só 20 días por ano. Pide que se aplique a reforma laboral á hora de axustar os cadros de persoal das entidades.
Fálase
A galega Verónica Boquete mete a España na Eurocopa cun gol no último minuto da prórroga. Dous minutos antes errara un penalti, pero a selección española acabou gañando 3-2.
The Guardian analiza como cambiou nas últimas décadas o electorado norteamericano: agora é menos branco, menos relixioso e máis urbano.
ARA destaca as voces públicas que dende fóra de Catalunya apoian o dereito de autodeterminación de Catalunya, coma El Gran Wyoming, Vicente del Bosque ou Miguel Bosé.
En Galicia licéncianse cada ano ao redor de 2.000 enxeñeiros. O Faro de Vigo conta que cada vez son máis os que van traballar fóra pola falta de oportunidades en Galicia e polas mellores condicións noutros paises.
O vicevaledor do pobo, Domingos Merino, abandona o seu cargo por motivos de saúde. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o seu cesamento.
Unha enquisa de El Periódico deixa CiU ás portas da maioría absoluta. O partido de Artur Mas obteria 64-65 escanos, fronte a un PSC que caería até os 20-21 e un PP que tamén baixaría até 15-16. Soben ERC (15-16), ICV-EUiA (13-14) e Ciutadans (5-6). Solidaritat queda fóra do Parlamento.
Tras o seu fracaso nas eleccións galegas, Mario Conde xa proxecta probar sorte nas europeas de 2014.
Un experto no cambio climático ve no Banco de Terras un "tesouro" que debera ser "exemplo" para toda Europa. Cóntao La Información.
Esta mañá conmemorouse na praza do Obradoiro, en Compostela, o vixésimo quinto aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo