Esta mañá conmemorouse na praza do Obradoiro, en Compostela, o vixésimo quinto aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Esta mañá conmemorouse na praza do Obradoiro, en Compostela, o vixésimo quinto aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo
A asociación cultural Xermolos, unha das máis veteranas do país e impulsora do festival de Pardiñas, fai hoxe trinta e seis anos de labor cultural dende Guitiriz.
O PSC pídelles 1.500 euros aos seus deputados para financiar a campaña electoral. En El Diario.
A axencia de novas Angola Press analiza a escasa cobertura que as eleccións galegas tiveron na prensa portuguesa. Os medios do país veciño "se "falan da Catalunha, do País Basco, mas a importância dada à Galiza é uma coisa muito mais reduzida", explica un dos expertos consultados.
Dúas xuízas de Madrid evitan tramitar senllas demandas de paternidade interpostas contra o rei pola "inviolabilidade" do monarca. En Público.es
O Concello de Cerdedo recuperará este xoves os 200.000 euros que lle foron substraídos a través de internet. Cóntao Europa Press na súa web.
Rubalcaba di que non dimitirá e asegura que "os galegos non viron no PSOE unha alternativa de Goberno". O secretario xeral dos socialistas analiza por primeira vez os resultados electorais. "Pachi Vázquez fixo unha boa campaña, sen dúbida, pero os galegos non percibiron que houbese un goberno alternativo posible", aclara.
O presidente das Novas Xeracións do PPdeG e secretario xeral de Nuevas Generaciones asegura desexar que Pachi Vázquez e Alfredo Pérez Rubalcaba continúen á fronte do PSdeG e do PSOE, tras a derrota galega
Un vídeo denuncia como monxas levan a votar anciáns en Cambados. Nas imaxes apréciase o reparto de papeletas entre as persoas que acoden, moitas delas en cadeiras de rodas.
Caixabank retoma as negociacións para facerse con Novagalicia Banco, segundo Economia Digital, que explica que o banco catalán non moverá peza até que a entidade galega nacionalizada non se desfaga dos activos tóxicos inmobiliarios