O Concello de Cerdedo recuperará este xoves os 200.000 euros que lle foron substraídos a través de internet. Cóntao Europa Press na súa web.
Fálase
Rubalcaba di que non dimitirá e asegura que "os galegos non viron no PSOE unha alternativa de Goberno". O secretario xeral dos socialistas analiza por primeira vez os resultados electorais. "Pachi Vázquez fixo unha boa campaña, sen dúbida, pero os galegos non percibiron que houbese un goberno alternativo posible", aclara.
O presidente das Novas Xeracións do PPdeG e secretario xeral de Nuevas Generaciones asegura desexar que Pachi Vázquez e Alfredo Pérez Rubalcaba continúen á fronte do PSdeG e do PSOE, tras a derrota galega
Un vídeo denuncia como monxas levan a votar anciáns en Cambados. Nas imaxes apréciase o reparto de papeletas entre as persoas que acoden, moitas delas en cadeiras de rodas.
Caixabank retoma as negociacións para facerse con Novagalicia Banco, segundo Economia Digital, que explica que o banco catalán non moverá peza até que a entidade galega nacionalizada non se desfaga dos activos tóxicos inmobiliarios
Fèlix Martínez escribe en El Diario que "unha eventual descomposición do PSOE" pode "contribuir a que a experiencia Beiras se extenda ao resto de España". E argumenta que "se nun mes e medio AGE logrou nove deputados, cun pouco máis de tempo e cunha mensaxe máis elaborada unha nova plataforma pode acabar por dinamitar o sistema de partidos se é quen de integrar os movementos cidadáns coma o 15M".
Rubalcaba coida que Pachi Vázquez fixo "unha boa campaña" pero "os galegos non percibiron que houbese un goberno alternativo posible"
O vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, non cre "honesto" dicir "taxativamente" que Catalunya ficaría fóra da UE se fose independente. En Vilaweb.
Usuarios e usuarias de Twitter mófanse da presentadora de TVE Mariló Montero despois de que especulase no seu programa sobre a posibilidade de que "a alma" vaia cos órganos no momento de seren transplantados e asegurase que "non querería" recibir órgano ningún dun asasino. (minuto 2:11:47 do vídeo)
Carlos Neira analiza no seu blog as perdas de votos de PSdeG e BNG e conclúe que "as perdas do PSOE son un voto de castigo xeral emitido polo que até hai apenas 4 anos era o seu electorado" e que pola contra "no BNG é a culminación (definitiva?) dun proceso continuo de perda de apoios ao longo dos últimos 12 anos"