Fèlix Martínez escribe en El Diario que "unha eventual descomposición do PSOE" pode "contribuir a que a experiencia Beiras se extenda ao resto de España". E argumenta que "se nun mes e medio AGE logrou nove deputados, cun pouco máis de tempo e cunha mensaxe máis elaborada unha nova plataforma pode acabar por dinamitar o sistema de partidos se é quen de integrar os movementos cidadáns coma o 15M".
Fálase
Rubalcaba coida que Pachi Vázquez fixo "unha boa campaña" pero "os galegos non percibiron que houbese un goberno alternativo posible"
O vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, non cre "honesto" dicir "taxativamente" que Catalunya ficaría fóra da UE se fose independente. En Vilaweb.
Usuarios e usuarias de Twitter mófanse da presentadora de TVE Mariló Montero despois de que especulase no seu programa sobre a posibilidade de que "a alma" vaia cos órganos no momento de seren transplantados e asegurase que "non querería" recibir órgano ningún dun asasino. (minuto 2:11:47 do vídeo)
Carlos Neira analiza no seu blog as perdas de votos de PSdeG e BNG e conclúe que "as perdas do PSOE son un voto de castigo xeral emitido polo que até hai apenas 4 anos era o seu electorado" e que pola contra "no BNG é a culminación (definitiva?) dun proceso continuo de perda de apoios ao longo dos últimos 12 anos"
A Generalitat Valenciana destinou 7 millóns de euros en 2012 á Fórmula 1. En El Diario.
Rexeitadas todas as emendas de totalidade contra os Orzamentos Xerais do Estado para 2013 cos votos de PP e UPN e a abstención de Foro.
Sete xuíces denuncian os abusos do sistema legal de desafiuzamentos español. O CGPJ encargou un informe no que se critica a mala 'praxis' dos bancos.
A cormelá Chus Martínez é nomeada comisaria xefe do Museo do Barrio de Nova York
España retrocede 14 postos no índice mundial de igualdade de xénero. Sitúase no posto 26 principalmente por mor da redución no número de ministras.