Sete xuíces denuncian os abusos do sistema legal de desafiuzamentos español. O CGPJ encargou un informe no que se critica a mala 'praxis' dos bancos.
Fálase
A cormelá Chus Martínez é nomeada comisaria xefe do Museo do Barrio de Nova York
España retrocede 14 postos no índice mundial de igualdade de xénero. Sitúase no posto 26 principalmente por mor da redución no número de ministras.
O BNG carga contra CiU e ERC no Congreso. "Non acusen a Galicia de que Catalunya non teña as necesidades cubertas porque somos nós os que non as temos despois de anos de incumprimentos", reprochoulles Olaia Fernández Davila, logo de que os dous partidos censurasen os investimentos para o AVE no país.
Traballadores do Instituto Municipal de Deportes de Vigo péchanse no Concello. Os operarios da contrata que se encarga do matntementeo das instalacións reclaman a súa readmisión logo da senteza que recoñece a cesión ilegal de traballadores, segundo denuncia a CIG.
Clark Kent deixa o Daily Planet criticando o actual estado do xornalismo, "que se deixou caer no sensacionalismo", e comezará a traballar no xornalismo dixital, segundo o argumentista da nova serie de Supermán.
Unha enquisa de RAC1 sinala que o 53% dos cataláns votaría a favor da independencia nun referendo e o 39% fariao en contra. Os resultados variarian en función de se Catalunya puidese ou non permanecer no seo da UE.
Isaac Rosa analiza en El Diario os malos resultados do PSOE e escribe que "se non é quen de ver o que está pasando ao seu redor, daquela si merecerá quedar como puntal que terma un anaco máis a casa en ruinas. Até que lle caia enriba"
Tres profesores das universidades da Coruña e Vigo participan no proxecto de Gaia, unha potente cámara que o vindeiro ano se lanzará ao espacio para fotografar as estrelas da Via Láctea
A entidade portuguesa Espírito Santo negocia a compra do Banco Gallego, segundo La Voz de Galicia