Unha enquisa de RAC1 sinala que o 53% dos cataláns votaría a favor da independencia nun referendo e o 39% fariao en contra. Os resultados variarian en función de se Catalunya puidese ou non permanecer no seo da UE.
Fálase
Isaac Rosa analiza en El Diario os malos resultados do PSOE e escribe que "se non é quen de ver o que está pasando ao seu redor, daquela si merecerá quedar como puntal que terma un anaco máis a casa en ruinas. Até que lle caia enriba"
Tres profesores das universidades da Coruña e Vigo participan no proxecto de Gaia, unha potente cámara que o vindeiro ano se lanzará ao espacio para fotografar as estrelas da Via Láctea
A entidade portuguesa Espírito Santo negocia a compra do Banco Gallego, segundo La Voz de Galicia
O 25S repite concentración ante o Congreso dos Deputados. Celebran dúas asembleas na praza de Neptuno, en Madrid: unha sobre os orzamentos e outra sobre un proceso constituinte.
Patxi López seguirá á fronte do PSE e presentarase a secretario xeral dos socialistas vascos logo dos malos resultados colleitados nas eleccións de Euskadi.
Eurodeputados reclaman o cesamento de Alejo Vidal-Quadras (PP) como vicepresidente do Parlamento europeo despois de que reclamase a intervención militar en Catalunya. O número dous do grupo dos conservadores cre que a carta na que recolleu estas reflexións "parece escrita por Franco". En La Vanguardia. A carta, en Vilaweb.
A redacción de El Pais levou a cabo esta mañá o primeiro dos paros de dúas horas convocados para as vindeiras semanas. O seguimento foi masivo e a primeira hora da mañá só estaban traballando tres redatores. A partir das sete da tarde haberá unha concentración fronte á sede do xornal para protestar contra o ERE. O xornal alemán Frankfurter Allgemeine Zeitung dedicalle unha reportaxe ao conflito titulada "O capitalismo de casino devora os xornalistas".
O déficit do Estado baixou ao 3,9% ata setembro, polo que se sitúa próximo ao obxectivo marcado pola UE para 2012.
O 25S convoca unha nova concentración ante o Congreso esta tarde a partir das 18 horas, coincidindo coa primeira xornada de debate sobre os Orzamentos de 2013. O Goberno xa dispuxo 600 antidisturbios. Haberá novas manifestacións o xoves e sobre todo o sábado, que se prevé que sexa masiva.