A entidade portuguesa Espírito Santo negocia a compra do Banco Gallego, segundo La Voz de Galicia
Fálase
O 25S repite concentración ante o Congreso dos Deputados. Celebran dúas asembleas na praza de Neptuno, en Madrid: unha sobre os orzamentos e outra sobre un proceso constituinte.
Patxi López seguirá á fronte do PSE e presentarase a secretario xeral dos socialistas vascos logo dos malos resultados colleitados nas eleccións de Euskadi.
Eurodeputados reclaman o cesamento de Alejo Vidal-Quadras (PP) como vicepresidente do Parlamento europeo despois de que reclamase a intervención militar en Catalunya. O número dous do grupo dos conservadores cre que a carta na que recolleu estas reflexións "parece escrita por Franco". En La Vanguardia. A carta, en Vilaweb.
A redacción de El Pais levou a cabo esta mañá o primeiro dos paros de dúas horas convocados para as vindeiras semanas. O seguimento foi masivo e a primeira hora da mañá só estaban traballando tres redatores. A partir das sete da tarde haberá unha concentración fronte á sede do xornal para protestar contra o ERE. O xornal alemán Frankfurter Allgemeine Zeitung dedicalle unha reportaxe ao conflito titulada "O capitalismo de casino devora os xornalistas".
O déficit do Estado baixou ao 3,9% ata setembro, polo que se sitúa próximo ao obxectivo marcado pola UE para 2012.
O 25S convoca unha nova concentración ante o Congreso esta tarde a partir das 18 horas, coincidindo coa primeira xornada de debate sobre os Orzamentos de 2013. O Goberno xa dispuxo 600 antidisturbios. Haberá novas manifestacións o xoves e sobre todo o sábado, que se prevé que sexa masiva.
Castellano di que "as manifestacións polas preferentes están politizadas". O presidente de Novagalicia Banco acábao de asegurar nun almorzo informativo en Madrid. Máis información, nesta mañá en Praza.
Estase a desenvolver o xuízo contra as 12 persoas que o 8 de febreiro de 2009 protestaron contra a manifestación de Galicia Bilingüe en Compostela. No exterior dos xulgados de Fontiñas unha concentración apoia os acusados, para os que o fiscal pide 45 anos de cadea. Imaxe: @diarioliberdade
Os xornalistas de TVE recoñecen que se favoreceu o PP na cobertura electoral. O Consello de Informativos asume que se deu prioridade aos conservadores fronte a outras forzas nos comicios galegos e vascos.