Clark Kent deixa o Daily Planet criticando o actual estado do xornalismo, "que se deixou caer no sensacionalismo", e comezará a traballar no xornalismo dixital, segundo o argumentista da nova serie de Supermán.
Fálase
Unha enquisa de RAC1 sinala que o 53% dos cataláns votaría a favor da independencia nun referendo e o 39% fariao en contra. Os resultados variarian en función de se Catalunya puidese ou non permanecer no seo da UE.
Isaac Rosa analiza en El Diario os malos resultados do PSOE e escribe que "se non é quen de ver o que está pasando ao seu redor, daquela si merecerá quedar como puntal que terma un anaco máis a casa en ruinas. Até que lle caia enriba"
Tres profesores das universidades da Coruña e Vigo participan no proxecto de Gaia, unha potente cámara que o vindeiro ano se lanzará ao espacio para fotografar as estrelas da Via Láctea
A entidade portuguesa Espírito Santo negocia a compra do Banco Gallego, segundo La Voz de Galicia
O 25S repite concentración ante o Congreso dos Deputados. Celebran dúas asembleas na praza de Neptuno, en Madrid: unha sobre os orzamentos e outra sobre un proceso constituinte.
Patxi López seguirá á fronte do PSE e presentarase a secretario xeral dos socialistas vascos logo dos malos resultados colleitados nas eleccións de Euskadi.
Eurodeputados reclaman o cesamento de Alejo Vidal-Quadras (PP) como vicepresidente do Parlamento europeo despois de que reclamase a intervención militar en Catalunya. O número dous do grupo dos conservadores cre que a carta na que recolleu estas reflexións "parece escrita por Franco". En La Vanguardia. A carta, en Vilaweb.
A redacción de El Pais levou a cabo esta mañá o primeiro dos paros de dúas horas convocados para as vindeiras semanas. O seguimento foi masivo e a primeira hora da mañá só estaban traballando tres redatores. A partir das sete da tarde haberá unha concentración fronte á sede do xornal para protestar contra o ERE. O xornal alemán Frankfurter Allgemeine Zeitung dedicalle unha reportaxe ao conflito titulada "O capitalismo de casino devora os xornalistas".
O déficit do Estado baixou ao 3,9% ata setembro, polo que se sitúa próximo ao obxectivo marcado pola UE para 2012.