O Consello da Cultura homenaxea hoxe a xornalista Tareixa Navaza por toda a súa traxectoria profesional baixo o lema A voz da liberdade. Navaza foi unha das pioneiras do xornalismo audiovisual en galego e sufriu fortes represalias laborais polo seu labor de narración da traída dos restos de Castelao a Galicia, en 1984.
Fálase
Amancio Ortega dona a Cáritas 20 millóns de euros. O dono de Inditex vén de asinar un convenio coa organización.
A Universidade Complutense deixa de pagar parte do soldo aos profesores: anúncialles por carta que non poderá adiantarlles o complemento adicional correspondente ao segundo semestre.
Juan Carlos Fernández Fasero abandona a xerencia da Agadic. O Consello da Xunta aprobou hoxe o seu cesamento e incorporarase á dirección da SGAE Noroeste.
Un home suicídase en Granada o día que o banco lle ía arrebatar a súa casa por unha hipoteca impagada. Stop Desahucios denuncia que na cidade hai unha media de catro desaloxos diarios
O líder da colaboración LHCb do CERN, Puierluigi Campana, presidirá este venres na Facultade de Física da USC un tribunal de tese doutoral. Os investigadores do CERN Thomas Ruf e Frederic Teubert tamén forman parte do tribunal que examina a tese de Xabier Cid Vidal que serviu para excluír, empregando datos do acelerador, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa (chamadas supersimétricas)
A Comunidade Valenciá gastou 826.000 euros en propaganda unha semana antes de pedir o rescate. A campaña Som Comunitat vende a imaxe dunha Valencia de ensoño sen referencia ninguna ás dificultades económicas
CCOO demandará a La Razón por mostrar nenos na súa portada. O sindicato denuncia o diario ante a Fiscalía de Menores logo da súa polémica portada tras a manifestación contra os recortes en educación.
Rubalcaba: "En Galicia a alternativa precisaba de catro partidos e iso a xente veo regular". O secretario xeral do PSOE asegura que Pachi Vázquez fixo "unha boa campaña" pero pensa que o problema estivo no hipotético futuro goberno. Cóntao nunha entrevisa na Ser.
Bruxelas esixe que a banca con axudas despida con tan só 20 días por ano. Pide que se aplique a reforma laboral á hora de axustar os cadros de persoal das entidades.