O Tribunal Constitucional levanta o veto á asistencia sanitaria gratuita en Navarra a inmigrantes, unha lei que fora recorrida polo Goberno central. Os xuíces argumentan que o dereito á saúde non se pode ver desvirtuado en base a un eventual aforro económico.
Fálase
O fiscal imputa o alcalde de Porriño por centos de contratos fraudulentos e por pagos sen xustificar por valor de catro millóns de euros. O caso levaba sendo denunciado polo PSdeG-PSOE dende o pasado ano. Entrevista por Praza, a socialista Eva García dicía "se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir".
Un hotel de Asturias rexeita o currículo dunha madrileña ao considerar "ridículo, absurdo e innecesario" que a aspirante teña "un nivel alto de lingua galega". Cóntao ela mesma en La Voz.
A revista Cafèambllet comezou esta mañá a distribuír de forma gratuíta 145.000 exemplares en toda Catalunya, nunha edición (a primeira de catro), que analiza a influencia da banca nos medios. Foi posible grazas ao apoio de 1.600 mecenas e á colaboración de centos de activistas á hora de distribuíla.
Coca-Cola contrata 40 traballadores eventuais na planta coruñesa de Begano despois de aplicar un ERE que afectou a 102 persoas, 1.190 en toda España.
Save the Children alerta de que un de cada tres nenos españois, 2,8 millóns, viven en risco de pobreza e exclusión social. Os datos ratifican o informe de Cáritas e contradín a Montoro, que puxo en dúbida as súas cifras.
Pescanova evita a liquidación e Damn logra quince días extra para conseguir apoios ao seu plan. O xuíz accede á petición de prorrogar o prazo de adhesións ata o día 29.
O 56% das vivendas de Ferrol Vello están en bo estado, segundo os datos facilitados este luns polo concelleiro de Urbanismo da cidade. O 32% dos inmobles están baleiros. O plano especial para o barrio terá un custe de 19 millóns de euros nos vindeiros 12 anos.
Un eclipse total de Lúa, visible nestes momentos, inicia unha xeira de catro consecutivos, dous en 2014 e outros dous en 2015. É posible, ademais, que a lúa adopte tons vermellos.
O Sergas duplica postos de traballo ao privatizar os seus servizos técnicos, por exemplo os expertos en electromedicina, unha das funcións externalizadas. Cóntao El Pais.