13 mil licenciados emigraron de Galicia a outras comunidades autónomas para atopar traballo dende 2009. Dende o comezo da crise duplicouse a taxa de desemprego entre os universitarios
Fálase
Sudán do Sur celebra o primeiro aniversario da súa independencia nun escenario de crise, corrupción, guerra e unha grave situación para ducias de milleiros de refuxiados.
Os ministros de Economía da zona euro debaten hoxe as condicións do rescate para España. O Goberno de Rajoy ofrece máis sacrificios a Bruxelas a cambio de boas condicións no rescate bancario.
Goldman Sachs acumula carbón térmico no peirao do Musel, en Xixón, á espera de que suban os prezos. Polo de agora o broker garda alí 156 mil toneladas, pero prevé desacrgar até 600 mil, para especular con este material.
Federer derrota a Murray na final de Wimbledon (4-6, 7-5, 6-3 e 6-4) e recupera o número 1 da clasificación mundial. O escocés Murray espertara unha grande expectación no Reino Unido, por ser o primeiro británico que chegaba á final dende 1938. Tanto, que en Downing Street hoxe ondeaba a bandeira escocesa xunto á británica.
O presidente exipcio, Mohamed Morsi, desafía o exército e restablece a actividade do Parlamento, que fora paralizada polo poder militar hai unhas semanas.
Rubalcaba promete que o PSOE levará a reforma laboral ao Tribunal Constitucional porque vai "contra os dereitos básicos de os cidadáns".
O BNG pídelle á Xunta que desenvolva unha "normativa propia" que elimine o dobre pagamento farmacéutico para os pensionistas, facendo uso das competencias propias que posúe Galicia.
Carmela Silva renuncia como deputada do Congreso, a través dunha carta remitida ao secretario de Organización PSdeG-PSOE na que afirma que se centrará no traballo municipal. Silva cumpre así coa norma de un militante un cargo. A finais de xuño a Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG instou a dirección do partido a abrirlle un expediente a Silva por incumprir a norma de incompatibilidades defendida por Pachi Vázquez.
Israel amplía o alistamento militar obrigatorio para os seus cidadáns. Até agora estaban exentos de incorporarse ao exército os ultraortodoxos e os árabes, que agora tamén terán que facelo