Un rótulo no tren sinistrado en Angrois indica que o seu peso era maior ao certificado, como veñen denunciando as vítimas do accidente. Esta indicación contradí o indicado polos peritos da Xunta.
Fálase
Pablo Iglesias repartirá o tempo de intervención na investidura proporcionalmente con En Marea e En Comú Podem. Cóntao eldiario.es
A Comisión Europea confirma que recorre a sentenza que o pasado decembro tombou o tax lease. O departamento de Competencia que antes dirixía Almunia (PSOE) agora está encabezado pola socio-liberal danesa Margrethe Vestager
O líder abertzale Arnaldo Otegi sae este martes de prisión tras 6 anos. A revista Luzes entrevistouno recentemente
Arquivada a parte do caso Patos referente a supostos enchufes no Concello de Pontevedra
O voceiro de Ciudadanos no Congreso apela aos "cojones" do seu partido para xustificar a súa "españolidad".
Pedro Sánchez afronta a investidura convencido da dificultade de evitar novas eleccións. En Marea desbotou nas últimas horas apoialo tras considerar demasiado xeral e inconcreta a súa nova oferta.
O exdeputado Javier Escribano retírase da pugna pola presidencia do PP da Coruña, pero di ser o "vencedor moral" do congreso, que se celebra a vindeira fin de semana. Cóntao Europa Press.
A Real Filharmonía de Galicia conmemora este luns o seu 20º aniversario cun concerto de obras de Bach baixo a dirección de Helmuth Rilling no Auditorio de Galicia. O recital poderá ser seguido ao vivo a través desta ligazón.
A Executiva Nacional do BNG reúnese por primeira vez dirixida por Ana Pontón, nova portavoz nacional. A formación indica que este luns a nova dirección se centrou en fixar un "calendario de traballo" para aplicar os acordos da Asemblea Nacional.