A Real Filharmonía de Galicia conmemora este luns o seu 20º aniversario cun concerto de obras de Bach baixo a dirección de Helmuth Rilling no Auditorio de Galicia. O recital poderá ser seguido ao vivo a través desta ligazón.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56d486348c1e8-helmuth_rilling_2006092_27_foto_holger_schneider.jpg)
A Real Filharmonía de Galicia conmemora este luns o seu 20º aniversario cun concerto de obras de Bach baixo a dirección de Helmuth Rilling no Auditorio de Galicia. O recital poderá ser seguido ao vivo a través desta ligazón.
A Executiva Nacional do BNG reúnese por primeira vez dirixida por Ana Pontón, nova portavoz nacional. A formación indica que este luns a nova dirección se centrou en fixar un "calendario de traballo" para aplicar os acordos da Asemblea Nacional.
A dirección de Citroën en Vigo propón un ERE de extinción de ata 400 postos de traballo.
VÍDEO Paxaro espacial: Galicia vista dende o espazo exterior cada dúas horas. Trátase dun bot de Twitter creado por Berto Yáñez a partir de imaxes do Meteosat.
O PP insta a Ana Pontón a "recuperar a autenticidade dos 'plantexamentos' do BNG". O voceiro conservador, Miguel Tellado, afirma que o "reto" da nova portavoz nacional do Bloque é non ser "a última" en desempeñar este posto.
O PSOE ofrécelle a En Marea "revisar" a prórroga de ENCE e sancións para garantir os prezos do leite. Son dúas das ofertas incluídas no documento que os socialistas lle farán chegar á plataforma galega. Máis información, hoxe en Praza.
Pedro Sánchez anuncia que fará unha nova oferta a Podemos, as confluencias e o resto da esquerda para procurar o seu apoio na investidura. Cóntao eldiario.es
Baróns do PSOE e o Ibex frustraron a investidura de esquerdas a última hora, segundo conta Público. Pedro Sánchez contaba co si do PNV e a abstención do nacionalismo catalán para un acordo con Podemos, IU e as confluencias.
Camps gravouse a si mesmo mentres presionaba un xornalista para que non publicase a información que o situaba como recadador da trama do PP en Valencia.
Galicia rexistrou xa esta tempada 910 ingresos por gripe, un 30% máis que o ano pasado. Sanidade dá por superada a peor época e asegura que a tendencia é decrecente.