VÍDEO Paxaro espacial: Galicia vista dende o espazo exterior cada dúas horas. Trátase dun bot de Twitter creado por Berto Yáñez a partir de imaxes do Meteosat.
Fálase
O PP insta a Ana Pontón a "recuperar a autenticidade dos 'plantexamentos' do BNG". O voceiro conservador, Miguel Tellado, afirma que o "reto" da nova portavoz nacional do Bloque é non ser "a última" en desempeñar este posto.
O PSOE ofrécelle a En Marea "revisar" a prórroga de ENCE e sancións para garantir os prezos do leite. Son dúas das ofertas incluídas no documento que os socialistas lle farán chegar á plataforma galega. Máis información, hoxe en Praza.
Pedro Sánchez anuncia que fará unha nova oferta a Podemos, as confluencias e o resto da esquerda para procurar o seu apoio na investidura. Cóntao eldiario.es
Baróns do PSOE e o Ibex frustraron a investidura de esquerdas a última hora, segundo conta Público. Pedro Sánchez contaba co si do PNV e a abstención do nacionalismo catalán para un acordo con Podemos, IU e as confluencias.
Camps gravouse a si mesmo mentres presionaba un xornalista para que non publicase a información que o situaba como recadador da trama do PP en Valencia.
Galicia rexistrou xa esta tempada 910 ingresos por gripe, un 30% máis que o ano pasado. Sanidade dá por superada a peor época e asegura que a tendencia é decrecente.
Localizada en boas condicións nun hostal de Lugo a muller desaparecida na cidade, que dixo fuxir dos malos tratos dun home que xa foi detido.
Spotlight obtén o Oscar ao mellor filme e González Iñárritu repite como mellor director. Di Caprio, mellor actor. Velaquí todos os premios.
Clinton acada unha vantaxe difícil de superar para Sanders. Gaña as primarias de Carolina do Sur, un estado onde o 61% dos votantes demócratas son negros. O seu rival vence nas zonas con ampla maioría de brancos.