PSdeG-PSOE e Lugonovo rompen as negociacións para formar goberno na cidade. Lara Méndez gobernará en solitario no Concello.
Fálase
Xornada de incendios en Galicia: arderon máis de 55 hectáreas en Calo (Teo), 40 en Boborás e 16 en Sober.
Este mércores entra en vigor a Lei de Seguridade Cidadá, ou Lei Mordaza. Están convocadas concentracións en máis de 30 cidades de toda España, entre elas Vigo, A Coruña e Pontevedra, e unha sentada ás doce da noite ante o Congreso.
O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, realizou esta madrugada unha oferta de última hora a Grecia, propoñendo seguir negociando a cambio de que Tsipras se comprometese a pedir o si no referendo.
O Goberno grego asume que convocará eleccións se perde o referendo. "Imos levar a cabo unha forte campaña de información nestes días porque se está bombardeando a poboación con mensaxes manipuladas", afirma Tsipras nunha entrevista en televisión. O presidente grego descarta que o país saia do euro polo alto custe que suporía para a UE
Un incendio en Calo (Teo) obriga a activar a alerta de nivel 2 pola súa proximidade a vivendas. O lume provocou unha gran columna de fume visible dende boa parte da comarca de Compostela e xa queimou 12 hectáreas, segundo a Xunta.
Manuel Martínez teima en reclamar ser presidente da Deputación de Lugo e só se abre á posibilidade da moción de censura se el é o candidato. Esta tarde reúnese a Executiva Nacional do PSdeG.
A futbolista Verónica Boquete será a pregoeira das Festas do Apóstolo. A xogadora compostelá vén de recibir a Medalla Castelao no mesmo ano en que logrou a Champions co Bayern de Munich.
As dúas primeiras sondaxes publicadas preguntando sobre a intención de voto no referendo grego do vindeiro domingo ofrecen unha vitoria do si á oferta do FMI: 47,2% fronte a 33% (Kapa Research) e 57% fronte a 29% (ALCO)
A planta de Nostián, na Coruña, segue lonxe das súas previsións ao deixar sen reciclar un 56% do lixo en 2014. A oferta de reciclaxe coa que Albada gañou a concesión en 1997 era do 65%