Sacristán, secretario xeral do PSOE coruñés, di que Caballero "é unha mala copia de Paco Vázquez" e que "sobra xente" no seu partido. A crise no PSdeG recrúa, tamén en Ourense tras a destitución do voceiro na Deputación, Ignacio Gómez.
Fálase
Alcoa mellora os resultados de 2015 na primeira sesión da poxa de primas eléctricas. Acada cinco dos seis lotes de enerxía interromplible mellor remuneraod aos que optaba para reducir a súa factura enerxética. Tres para San Cibrao e dous para A Coruña e Avilés.
Audasa obriga a pagar a peaxe a milleiros de condutores tras máis de tres horas de retencións na ponte de Rande. A colisión entre varios camións bloqueou a AP-9.
O PSOE rebaixa a súa ofensiva contra a Lomce e apraza as medidas máis duras. Levan ao Congreso unha proposición de lei que propón unha moratoria nas reválidas e non a súa retirada.
Civio publica en Elboenuestrodecadadia dúas análises sobre o financiamento dos partidos políticos debullando as súas diferentes vías de ingresos e as subvencións que reciben pola súa participación nas institucións. A entidade dedicada ao fomento do acceso público á información pregúntase por que é tan difícil fiscalizar estas achegas.
Rajoy convocará eleccións se non logra aprobar os orzamentos. Así o informaron membros do goberno nos seus contactos coa Comisión Europea e socios da UE. Comprométese a convocar novos comicios se non saca adiante os axustes que garantan o obxectivo de déficit.
Bruxelas prevé unha recaída dos salarios reais en España durante os dous vindeiros anos. A suba de prezos e a moderación salarial provocará un descenso do 0,4%.
O concurso eólico cumpre seis anos con menos dunha cuarta parte dos parques autorizados e ningún deles funcionando. A Xunta aprobou só 22 das 91 instalacións previstas.
O PP segue a subir en intención de voto mentres baixan PSOE, Unidos Podemos e Ciudadanos. As expectativas de socialistas e a formación de Pablo Iglesias iguálanse, segundo unha enquisa para eldiario.es.
A Comunidad de Madrid recoñece a espionaxe política pagada con cartos públicos durante o goberno de Esperanza Aguirre. O executivo de Cifuentes asume ante a xustiza que se vixiou a rivais políticos.