Alcoa mellora os resultados de 2015 na primeira sesión da poxa de primas eléctricas. Acada cinco dos seis lotes de enerxía interromplible mellor remuneraod aos que optaba para reducir a súa factura enerxética. Tres para San Cibrao e dous para A Coruña e Avilés.
Fálase
Audasa obriga a pagar a peaxe a milleiros de condutores tras máis de tres horas de retencións na ponte de Rande. A colisión entre varios camións bloqueou a AP-9.
O PSOE rebaixa a súa ofensiva contra a Lomce e apraza as medidas máis duras. Levan ao Congreso unha proposición de lei que propón unha moratoria nas reválidas e non a súa retirada.
Civio publica en Elboenuestrodecadadia dúas análises sobre o financiamento dos partidos políticos debullando as súas diferentes vías de ingresos e as subvencións que reciben pola súa participación nas institucións. A entidade dedicada ao fomento do acceso público á información pregúntase por que é tan difícil fiscalizar estas achegas.
Rajoy convocará eleccións se non logra aprobar os orzamentos. Así o informaron membros do goberno nos seus contactos coa Comisión Europea e socios da UE. Comprométese a convocar novos comicios se non saca adiante os axustes que garantan o obxectivo de déficit.
Bruxelas prevé unha recaída dos salarios reais en España durante os dous vindeiros anos. A suba de prezos e a moderación salarial provocará un descenso do 0,4%.
O concurso eólico cumpre seis anos con menos dunha cuarta parte dos parques autorizados e ningún deles funcionando. A Xunta aprobou só 22 das 91 instalacións previstas.
O PP segue a subir en intención de voto mentres baixan PSOE, Unidos Podemos e Ciudadanos. As expectativas de socialistas e a formación de Pablo Iglesias iguálanse, segundo unha enquisa para eldiario.es.
A Comunidad de Madrid recoñece a espionaxe política pagada con cartos públicos durante o goberno de Esperanza Aguirre. O executivo de Cifuentes asume ante a xustiza que se vixiou a rivais políticos.
ÚLTIMA HORA | Feijóo inicia o mandato da súa sucesión con exactamente o mesmo goberno que ata agora e Rueda como único vicepresidente. Ampliamos información nuns intres.