A protección laboral en España cae por debaixo da media dos países desenvolvidos. Segundo un informe da OCDE, as restricións ao despedimento en España (como indemnización, tempo de proba, ou preaviso), son inferiores ás de países como Alemaña, Francia ou Holanda.
Fálase
Bruxelas decide hoxe o futuro da construción naval privada en España. O Goberno busca suavizar o efecto da devolución do tax lease e atrasar a data inicial do reembolso até 2011. Os traballadores das empresas de Vigo mantiveron un peche ao longo do día e da noite de onte en espera da decisión.
Gómez Besteiro afirma que o apoio de Caamaño á súa candidatura "clarifica o proceso de renovación" do PSdeG. O ex ministro de Xustiza expresou este apoio nunha entrevista publicada por El País.
Colectivos do 15M pedirán a dimisión do Goberno o vindeiro xoves fronte ás sedes do PP. Na Coruña xa había organizada unha 'chourizada' ante o edificio dos populares.
Deputados de IU piden con carteis a dimisión de Rajoy e a convocatoria de eleccións no Senado. O presidente chámaos á orde e ameázaos coa expulsión da Cámara. Imaxe de @iunida.
Traballadores do naval comezan un peche nos estaleiros vigueses como medida de presión antes de que a UE tome a decisión definitiva sobre o tax lease. Os primeiros en sumarse á medida foron Metalships, Freire e Vulcano. Toda a información, esta tarde en Praza.
O xuíz conclúe que CDC recibiu 5,1 millóns de euros en comisións ilegais de Ferrovial, pechando deste xeito catro anos de investigacións no chamado Caso Palau. O maxistrado mantén a imputación para o ex tesoureiro de Convergència Daniel Osàcar e para o ex deputado Jaume Camps
Antón Reixa deixa de ser presidente da SGAE. A votación, precedida dun tenso debate, rematou con 25 votos na súa contra, 12 a favor e unha abstención
Rubalcaba anuncia unha moción de censura se Rajoy non comparece polo caso Bárcenas.
Os partidos da oposición buscan forzar a Rajoy a comparecer no Senado. A proposta de PSOE, CiU, Entesa, Grupo Vasco e Grupo Mixto será previsiblemente rexeitada pola maioría absoluta do PP.