Daniel Asorey, co poemario Transmatria, e Moncho Iglesias, con Corea do Norte, a vida dese outro lado, publicado en Tempos Novos, obteñen os premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo respectivamente, segundo vén de comunicar o xurado, reunido este luns.
Fálase
O ministro de Xustiza afirma que o xuíz que formulou un voto particular á sentenza de La Manada "ten algún problema" e suxire que o Consello do Poder Xudicial debera actuar contra el. Organizacións da xudicatura e a fiscalía piden a súa dimisión e advírteno de que está a transgredir a división de poderes do Estado.
O Dia da Galiza em Braga chama a "reforçar os laços institucionais e históricos de Portugal e Galiza". O evento chega á súa sexta edición organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, que dirixe a galega Noemi Basanta. Recólleo o Correio do Minho
Detido un Policía nacional en Ourense tras bater co seu coche contra unha terraza e atacar os axentes da Policía Local que o interceptaron. Recólleo a edición ourensá do Faro de Vigo
O vicepresidente Rueda asume dende hoxe as competencias ordinarias de Feijóo. Vainas exercer ata que o presidente regrese da súa viaxe oficial a México, que comeza este luns.
O Deportivo da Coruña consuma o descenso a Segunda División tras caer 2-4 ante o FC Barcelona, que certificou a consecución do campionato de Liga.
O Ensino Lugo logra o ascenso á primeira división estatal do baloncesto feminino, tras gañar ao Islas Canarias 58-77. O Celta, que tamén se xogaba esa posibilidade, non o conseguiu ao perder o seu partido contra o Valencia 54-51. Na Liga Día xa está o Uni Ferrol, que esta temporada rematou cuarto.
As asociacións de xuíces e fiscais, alarmadas polos “insultos” e a “crítica furibunda” ao tribunal da manada, recolle eldiario.es
Portas celebra este domingo o 230 aniversario do nacemento, o 17 de abril de 1788, do seu veciño Domingos Fontán, autor da Carta Xeométrica, primeiro mapa científico de Galicia, ao que este ano está dedicado o Día da Ciencia en Galicia. Hai tres anos Marcos Calveiro novelou a súa vida.
O BNG pedirá no Parlamento a reprobación dos xuíces da sentenza “machista” da Manada. Anunciouno a súa portavoz, Ana Pontón, nunha xornada sobre feminismo celebrada este sábado en Pontevedra.