As asociacións de xuíces e fiscais, alarmadas polos “insultos” e a “crítica furibunda” ao tribunal da manada, recolle eldiario.es

As asociacións de xuíces e fiscais, alarmadas polos “insultos” e a “crítica furibunda” ao tribunal da manada, recolle eldiario.es
Portas celebra este domingo o 230 aniversario do nacemento, o 17 de abril de 1788, do seu veciño Domingos Fontán, autor da Carta Xeométrica, primeiro mapa científico de Galicia, ao que este ano está dedicado o Día da Ciencia en Galicia. Hai tres anos Marcos Calveiro novelou a súa vida.
O BNG pedirá no Parlamento a reprobación dos xuíces da sentenza “machista” da Manada. Anunciouno a súa portavoz, Ana Pontón, nunha xornada sobre feminismo celebrada este sábado en Pontevedra.
Gonzalo Caballero cumpre seis meses á fronte do PSdeG asegurando que está a cimentar “un cambio no que os galegos poden confiar”. “O PSdeG é unha forza de esquerda e traballará con outras forzas para que a dereita deixe de gobernar a Xunta”, dicía hai uns días nunha entrevista con Praza.gal na que avaliou este medio ano.
Feijóo di nun acto do PP que a política non é ser “deputado en diferido”, en referencia á polémica polos escanos de En Marea e empregando a expresión que popularizou a secretaria xeral dos populares, Dolores de Cospedal, para explicar o suposto despedimento do seu tesoureiro Luis Bárcenas. O propio PP salientou a expresión na súa nota de prensa.
Iván Ferreiro, Caxade e o 170º da Banda Municipal de Santiago, protagonistas do programa das Festas da Ascensión da capital galega. O Concello compostelán presentou este venres o programa dos festexos, que se celebran do 9 ao 13 de maio.
VÍDEO | A campaña #ImposibleSenTi volve tirar de retranca para impulsar a rivalidade sá no derbi galego do vindeiro 5 de maio en Balaídos.
A redacción de RTVE protesta tras bloquear o PP o concurso público para renovar os órganos de dirección do ente, que os populares pasaron a controlar a través da reforma que impulsaron en solitario en 2012. Todos os demais grupos do Congreso apoian a modificación. (Imaxe: Xabier Fortes)
Os traballadores da Xustiza votan desde hai hora e media se aceptan a proposta acordada entre a Xunta e catro dos tres sindicatos con representación no comité de folga e se pon fin á folga que cumpre hoxe 80 días. Ao tempo, asembleas de funcionarios en contra estanse a celebrar tamén en varias cidades con importante afluencia.
Catro dos sete sindicatos da Xustiza (UGT, CC.OO., SPJ e CSI-F) aceptan a última oferta da Xunta para poñer fin á folga, que será sometida a votación do persoal. A proposta non é secundada por Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ. A xuntanza desta mañá rematou entre unha forte tensión entre os representantes sindicais. Consulta aquí toda a información