Gonzalo Caballero cumpre seis meses á fronte do PSdeG asegurando que está a cimentar “un cambio no que os galegos poden confiar”. “O PSdeG é unha forza de esquerda e traballará con outras forzas para que a dereita deixe de gobernar a Xunta”, dicía hai uns días nunha entrevista con Praza.gal na que avaliou este medio ano.
