Feijóo di nun acto do PP que a política non é ser “deputado en diferido”, en referencia á polémica polos escanos de En Marea e empregando a expresión que popularizou a secretaria xeral dos populares, Dolores de Cospedal, para explicar o suposto despedimento do seu tesoureiro Luis Bárcenas. O propio PP salientou a expresión na súa nota de prensa.
