A administración Obama espiou o correo electrónico dun xornalista de FOX para saber quen lle filtraba información.
Fálase
El Periódico publica unha enquisa de intención de voto na cidade de Barcelona. CiU, PSC e PP perden concelleiros. ICV e ERC soben e C's e CUP entran con forza na corporación.
Infolibre analiza as relacións entre o PSOE e a Igrexa. Os socialistas anunciaron hai uns días que poderían revisar os acordos de 1979 que confiren un trato privilegiado á Igrexa
90 alumnos de Dereito da Universidade de Córdoba realizan un laboratorio xurídico contra os desafiuzamentos, e propoñen 11 medidas para evitalos
Madrid insta as oficinas de Emprego a contratar primeiro os que cobran o paro
A rede Gürtel pagou unha parte da voda da filla de Aznar
233 Grados analiza o "pánico" que provoca entre a comunidade usuaria de Tumblr que este servizo de blogs veña de ser mercado por Yahoo
A empresa de compoñentes eólicos Gamesa despedirá 80 persoas na súa planta das Somozas. Cóntao Economía Digital
O Goberno compostelán inclúe a Red Madre na súa xornada "en recoñecemento á institución da familia", situándoa a carón doutros colectivos como a Cruz Vermella.
O Concello de Santiago manifesta, como Feijóo, o seu interese en que o papa Francisco visite a capital galega en 2014.