A empresa de compoñentes eólicos Gamesa despedirá 80 persoas na súa planta das Somozas. Cóntao Economía Digital
Fálase
O Goberno compostelán inclúe a Red Madre na súa xornada "en recoñecemento á institución da familia", situándoa a carón doutros colectivos como a Cruz Vermella.
O Concello de Santiago manifesta, como Feijóo, o seu interese en que o papa Francisco visite a capital galega en 2014.
O deputado Nasarre recoñece sobresoldos no PP e os pagamentos de Bárcenas.
O avogado Carlos Sánchez Almeida destaca no seu blog que a reforma do Código Penal que prepara o Ministerio de Xustiza castigará con máis dureza a descarga de contidos con copyright que a pornografía infantil.
O Racing de Ferrol xogarase o ascenso a 2ªB contra o Laudio de Álava. O Celta B enfrontarase ao Cortes navarro, o Compostela ao Ebro e o Fabril ao Cornellà.
O Parlamento e a RAG organizarán na sede da Cámara unha exposición sobre a historia do Día das Letras. Anunciárono tras a recepción de Pilar Rojo ao presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
BDS-Galiza presenta este mércores nun acto público en Compostela os manifestos de apoio á campaña global de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel. Participarán Narf, Pepe Carreiro, Pilar Neira, Cándido Pazó ou Perfecto Conde.
"Bebino todo". Foi a declaración do voceiro do Goberno con Aznar, Miguel Ángel Rodríguez, tras provocar un accidente co seu coche estando baixo os efectos do alcol. O caso de Rodríguez é xulgado nun xuízo rápido. Recólleo a Cadena SER
Os siareiros e siareiras do Obradoiro reciben o premio á mellor afección da Liga ACB de baloncesto