Iolanda Veloso informa de que non será candidata do BNG en Vigo nas eleccións municipais do vindeiro ano por "unha cuestión persoal"
Fálase
Podemos sería terceira forza política no Congreso dos Deputados, segundo unha enquisa que vén de publicar El Periódico de Catalunya. O PP perdería uns 60 escanos e o PSOE, uns 20.
Militantes do BNG da Coruña renomean simbolicamente o buque da Armada Juan Carlos I como Santa Liberdade II, en lembranza da acción de antifascistas galegos e portugueses en 1961 e como reivindicación dunha República galega.
Entidades catalás organizan castells por toda Europa para reivindicar o dereito de autodeterminación baixo o lema #HumanTowersForDemocracy. Cóntao o xornal Ara.
Hoxe celébrase entre Durango e Pamplona a acción reivindicativa Gure Esku Dago a prol do dereito a decidir do pobo vasco. Recólleo Naiz.
Unha técnica de Portos de Galicia e ex traballadora do Concello de Valladolid incorporarase tamén ao goberno de Santiago, segundo conta El Correo Gallego.
O Foro de Curas cre que as primas que cobrará a selección española de fútbol se gana o Mundial son un "insulto" a quen padece a crise económica. Recólleo El Diario
A Xunta reclama ante o Supremo 3.000 millóns de euros polos danos do Prestige e pide cargar de maior responsabilidade o capitán Mangouras. En Faro de Vigo
O Vigo Rugby consegue a permanencia na División de Honra tras impoñerse por 38-11 ao Sant Cugat
Mi Pequeño Vestidor, na categoría de Comercio, Ocio e Restauración; Karmah Yoga & Meditación, na de Educación e Formación; Cool Films Galicia, na de Cultura e Social; e Vamos a Vidas, na de Tecnoloxía, gañan os premios do congreso #InLugo, que vén de se clausurar na Deputación luguesa.