O portavoz do PP de Vigo asegura que o seu pacto con Abel Caballero ten "vocación de continuidade". En El País.
Fálase
Na Segunda División o Deportivo empata en Riazor (1-1) ante o Alavés e mantense líder, con 5 puntos de diferenza sobre o terceiro. O sábado o Lugo caeu (1-0) ante o Alcorcón, afastándose do play-off de ascenso.
Na Segunda B, vitorias do Rácing de Ferrol (1-3 ante o Noja), do Ourense (3-0 ante o Logroñés) e do Celta B (0-2 ante o Tropezón). Empate do Coruxo ante o Rácing de Santander (1-1) e derrota do Compostela (2-0 ante a UD Logroñés). O Rácing de Ferrol finaliza segundo a liga regular e loitará polo ascenso a Segunda. O Celta B descende a Terceira.
Remata a derradeira xornada da liga regular na Terceira galega. Somozas, Cerceda, Boiro e Pontevedra loitarán polo ascenso.
Choco 2-2 Barbadás
Racing Vilalbés 4-1 Deportivo B
Boiro 2-1 Ordes
Somozas 4-2 Negreira
Dorneda 1-1 Pontevedra
Grixoa 0-1 Rápido de Bouzas
Cultural Areas 2-1 Alondras
Arousa 3-2 Betanzos
Bertamiráns 2-3 As Pontes
Cerceda 3-0 LarachaAlta participación no referendo de autodeterminación que se celebra no leste de Ucraína, nas rexións de Donetsk e Lugansk, onde se rexistraron algúns enfrontamentos armados e numerosos incidentes.
Anulado definitivamente o plan impulsado pola Xunta para legalizar e dotar de servizos ao proxecto urbanístico de Barreiros que foi anulado polo TSXG. O goberno galego e o Concello pretendían gastar 14 millóns de euros nestas actuacións.
Case 13.000 mozos e mozas galegas tiveron que volver a casa de seus pais e nais en 2013 por falta de ingresos, segundo os datos do Consejo de la Juventud de España
Unha manifestación denunciou, este sábado na Coruña, o proxecto urbanístico da Mariña, na que o Concello gastará 16,5 millóns de euros e que cualificaron de "faraónico". O manifesto final, lido por Manuel Rivas, Lino Braxe e Xurxo Souto, contrapuxo este gasto "innecesario" co "desmantelamento" dos servizos sociais realizado polo goberno municipal.
Economistas dubidan do impacto real dos 20.000 millóns de euros recibidos por Galicia da UE dende 1986, segundo unha reportaxe de El País, e lamentan que as administracións non planificasen mellor a súa utilización
Este domingo publícanse, en La Vangardia, El Mundo e La Razón, tres sondaxes de intención de voto de cara ás eleccións europeas de dentro de dúas semanas. As tres outorgan a vitoria ao Partido Popular, que obtería entre 19 e 22 escanos, mentres que o PSOE tería entre 17 e 18. As prvisisións para a Esquerda Plural van dende os 5 aos 8 eurodeputados, mentres que as enquisas garanten entre 3 e 4 escanos a UPyD, entre 2 e 3 escanos a CEU, entre 1 e 2 a ERC e 1 deputado para Os pobos deciden. Podemos estaría no límite para obter representación.