Este domingo publícanse, en La Vangardia, El Mundo e La Razón, tres sondaxes de intención de voto de cara ás eleccións europeas de dentro de dúas semanas. As tres outorgan a vitoria ao Partido Popular, que obtería entre 19 e 22 escanos, mentres que o PSOE tería entre 17 e 18. As prvisisións para a Esquerda Plural van dende os 5 aos 8 eurodeputados, mentres que as enquisas garanten entre 3 e 4 escanos a UPyD, entre 2 e 3 escanos a CEU, entre 1 e 2 a ERC e 1 deputado para Os pobos deciden. Podemos estaría no límite para obter representación.
Fálase
Marcos Abalde, gañador do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, co poemario Oenach. O xurado destacou "a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón..." e "unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega"
Lugo acolleu este sábado o V Congreso Galego de Comunidades de Montes, no que participaron máis de 250 persoas chegadas de toda Galicia. Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, avogou por dotar os montes comunais dunha “especial protección legal” que permita a súa xestión sustentable
Colectivos de afectados polas preferentes e emigrantes retornados celebraron este sábado en Pontevedra unha manifestación conxunta, reclamando a devolución dos seus cartos e a retirada das sancións impostas, respectivamente
O Goberno retirará o anteproxecto de Lei de Crowfunding, que tería limitado os investimentos a emprendedores a 3.000 euros por operación e 6.000 euros por plataforma.
O xuíz imputa once excargos de Adif pola "insuficiente e ilegal" seguridade en Angrois. Aláez apunta á anterior cúpula e ao director de seguridade cando se construíu a liña como posibles "partícipes" nun delicto de homicidio- Considera clave que ao cambiar o proxecto orixinal se deixase a curva sen ERTMS
Esther Quintana esixe "dimisións" na Conselleria de Interior da Generalitat, despois que o xuíz determinase a responsabilidade dos Mossos d'Esquadra no lanzamento da pelota de goma que lle fixo perder un ollo en 2012.
Adif gasta outros mil millónes de euros nun sistema de seguridade do AVE que non logra que funcione. Nas vindeiras semanas adxudicará contratos millonarios de ERTMS para 661 quilómetros de liñas
A Xunta Electoral prohíbe o vídeo electoral do Partido Animalista por amosar imaxes do rei cazando. O organismo remite a un acordo de 1989 que veta a "apropiación ou manipulación" da imaxe deo monarca. O vídeo pode verse aquí.
O xuíz do Alvia imputa o ex xefe de Seguridade e ex directivos de Adif. Apóiase nas peritaxes para culpalos pola falta de sistemas de control.