Lugo acolleu este sábado o V Congreso Galego de Comunidades de Montes, no que participaron máis de 250 persoas chegadas de toda Galicia. Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, avogou por dotar os montes comunais dunha “especial protección legal” que permita a súa xestión sustentable
