O Goberno retirará o anteproxecto de Lei de Crowfunding, que tería limitado os investimentos a emprendedores a 3.000 euros por operación e 6.000 euros por plataforma.
Fálase
O xuíz imputa once excargos de Adif pola "insuficiente e ilegal" seguridade en Angrois. Aláez apunta á anterior cúpula e ao director de seguridade cando se construíu a liña como posibles "partícipes" nun delicto de homicidio- Considera clave que ao cambiar o proxecto orixinal se deixase a curva sen ERTMS
Esther Quintana esixe "dimisións" na Conselleria de Interior da Generalitat, despois que o xuíz determinase a responsabilidade dos Mossos d'Esquadra no lanzamento da pelota de goma que lle fixo perder un ollo en 2012.
Adif gasta outros mil millónes de euros nun sistema de seguridade do AVE que non logra que funcione. Nas vindeiras semanas adxudicará contratos millonarios de ERTMS para 661 quilómetros de liñas
A Xunta Electoral prohíbe o vídeo electoral do Partido Animalista por amosar imaxes do rei cazando. O organismo remite a un acordo de 1989 que veta a "apropiación ou manipulación" da imaxe deo monarca. O vídeo pode verse aquí.
O xuíz do Alvia imputa o ex xefe de Seguridade e ex directivos de Adif. Apóiase nas peritaxes para culpalos pola falta de sistemas de control.
Os sindicatos da sanidade convocan mobilizacións os días 14, 21 e 28 de maio, en protesta polo peche de 1.200 camas hospitalarias durante o verán, o maior da historia. Denuncian que a Xunta "xoga coas listas de espera" para beneficiar os operadores privados, derivando "financiamento público cara ao lucro particular". Máis información, nuns minutos en Praza.
Un manifesto pide o voto para o BNG nas vindeiras eleccións europeas por ser "a opción que mellor representa os intereses de Galicia e dos traballadores".
5 empresas acaparan o 53% da obra pública da Xunta, segundo destaca Economía Digital, que subliña que Isolux Corsán, implicada nos sobrecustes do AVE, é a maior adxudicataria da Confederación Hidrográfica do Miño
A Xunta pacta coas concesionarias de autovías galegas para evitar a súa quebra. Pechará este mes un acordo para as adxudicatarias do Salnés e do Barbanza.