O xuíz do Alvia imputa o ex xefe de Seguridade e ex directivos de Adif. Apóiase nas peritaxes para culpalos pola falta de sistemas de control.
Fálase
Os sindicatos da sanidade convocan mobilizacións os días 14, 21 e 28 de maio, en protesta polo peche de 1.200 camas hospitalarias durante o verán, o maior da historia. Denuncian que a Xunta "xoga coas listas de espera" para beneficiar os operadores privados, derivando "financiamento público cara ao lucro particular". Máis información, nuns minutos en Praza.
Un manifesto pide o voto para o BNG nas vindeiras eleccións europeas por ser "a opción que mellor representa os intereses de Galicia e dos traballadores".
5 empresas acaparan o 53% da obra pública da Xunta, segundo destaca Economía Digital, que subliña que Isolux Corsán, implicada nos sobrecustes do AVE, é a maior adxudicataria da Confederación Hidrográfica do Miño
A Xunta pacta coas concesionarias de autovías galegas para evitar a súa quebra. Pechará este mes un acordo para as adxudicatarias do Salnés e do Barbanza.
Unha acusada de blanqueo de capitais no xuízo de Marcial Dorado solicita os contratos do narcotraficante coa Xunta e tamén as subvencións e axudas recibidas polas súas empresas. A defensa esixe a nulidade do procedemento contra Dorado porque xa foi xulgado en Suíza
O Goberno proxecta para Galicia, Asturias e Euskadi un AVE de segunda categoría. Unha reportaxe de El Diario explica que Adif saca a concurso a electrificación e sinalización de varías liñas que desvelan que circularán polos novos treitos a menor velocidade e nalgúns casos en vía única
Só o 17% dos españois saben cando se celebran as eleccións europeas, segundo un apartado da enquisa do CIS que destaca El Mundo. Outro 32% sabe que están convocadas para este mes de maio.
O xuíz dálle a razón a Ester Quintana e considera que Interior e os Mossos d'Esquadra mentiron ao afirmar que non se dispararon balas de goma o 14-N. Determina que a actuación dos Mossos foi "imprudente e desproporcionada".
As principais candidaturas teñen xa en marcha os seus actos de pegada de carteis para as europeas do 25 maio. A información, esta noite no especial eleccións de Praza.