As principais candidaturas teñen xa en marcha os seus actos de pegada de carteis para as europeas do 25 maio. A información, esta noite no especial eleccións de Praza.
Fálase
O Portal das Palabras desenvolvido por Imaxín Software para a RAG e a Fundación Barrié, finalista dos Premios de Internet 2014 na categoría de contidos dixitais, que se darán a coñecer o vindeiro 17 de maio, día de Internet. A web, lanzada en xuño do pasado ano, está dedicada ao léxico e inclúe unha nova versión do dicionario en liña da Academia, curiosidades léxicas e contidos didácticos.
Imputado o director de La Razón, Francisco Marhuenda, por publicar as fotografías do carné de identidade dos xuíces que asinaron un manifesto a favor do referendo de autodeterminación de Catalunya. Cóntao El Diario.
O naval de Ferrol volve saír á rúa, pide que a obra do BAM anunciado onte sexa simultánea á do flotel e reclaman máis carga de traballo polo "insuficiente" dos dous buques prometidos. Insisten tamén no "electoralismo" das promesas da Xunta e da SEPI. Imaxe de @Ferrol360.
O CIS dálle ao PP unha lixeira vantaxe nas europeas, cun 14,2% dos votos fronte a un 14,1% do PSOE. A Esquerda Plural (Anova) obtería o 5,2% e 5 escanos, Coalición por Europa (CxG) o 2,6% e 3 escanos e Os Pobos Deciden (BNG), o 1% e 1 escano. Consulta o estudo íntegro
#consellodaxunta Feijóo ratifica a "conxelación" das taxas de matrícula nas universidades para o vindeiro curso, "tanto a primeira como as sucesivas".
Rosa Díez di que lle "pedirá á Garda Civil" que "retire" as urnas da consulta catalá no caso de que se celebre o 9 de novembro. Díxoo durante a presentación no Congreso dun libro do voceiro de ERC, Alfred Bosch. Recólleo Vilaweb
O Goberno central prevé levar a contrarreforma do aborto ao Congreso no mes de xullo, segundo adianta El País
O BNG convoca unha concentración ante a Audiencia da Coruña para protestar polo reparto de espazos electorais nos medios públicos, que sitúa a formación frontista ao mesmo nivel que a Falange.
O DOG publica hoxe as ordes para que o persoal ao servizo da Administración e traballador por conta allea poida dispoñer de permisos para votar nas eleccións europeas no caso de que o 25 de maio sexa laborable.