Rosa Díez di que lle "pedirá á Garda Civil" que "retire" as urnas da consulta catalá no caso de que se celebre o 9 de novembro. Díxoo durante a presentación no Congreso dun libro do voceiro de ERC, Alfred Bosch. Recólleo Vilaweb
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/536b4ed72f8a6-thumb_474__4.jpg)
Rosa Díez di que lle "pedirá á Garda Civil" que "retire" as urnas da consulta catalá no caso de que se celebre o 9 de novembro. Díxoo durante a presentación no Congreso dun libro do voceiro de ERC, Alfred Bosch. Recólleo Vilaweb
O Goberno central prevé levar a contrarreforma do aborto ao Congreso no mes de xullo, segundo adianta El País
O BNG convoca unha concentración ante a Audiencia da Coruña para protestar polo reparto de espazos electorais nos medios públicos, que sitúa a formación frontista ao mesmo nivel que a Falange.
O DOG publica hoxe as ordes para que o persoal ao servizo da Administración e traballador por conta allea poida dispoñer de permisos para votar nas eleccións europeas no caso de que o 25 de maio sexa laborable.
PP, PSOE, PNV, CiU e UPyD rexeitan someter a referendo o tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos. Cóntao El Diario.
A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra pedirá unha reunión coa Fiscalía para trasladarlle a súa preocupación polo aumento de sentenzas favorables aos maltratadores, tras asinarse acordos de conformidade.
A Revista Luzes celebrou onte un debate entre os principais candidatos galegos ás eleccións europeas. O acontecido no #EspazoLuzes pódese ver no seu blog.
Empresarios cataláns únense a favor da consulta. Vinte entidades empresariais preparan un manifesto a prol do referendo do vindeiro 9 de novembro.
O Concello de Lugo cre "inaudito" que o PP ralentice os servizos pendentes para o hospital da cidade emendando a iniciativa lexislativa popular que os reclamaba. Colectivos veciñais protestarán reproducindo o discurso no que Alberto Núñez Feijóo prometeu a instalación de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear en 2011. Cóntao El Progreso.
A Xunta prevé devolverlles as subvencións aos colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Cóntao La Voz