A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra pedirá unha reunión coa Fiscalía para trasladarlle a súa preocupación polo aumento de sentenzas favorables aos maltratadores, tras asinarse acordos de conformidade.
Fálase
A Revista Luzes celebrou onte un debate entre os principais candidatos galegos ás eleccións europeas. O acontecido no #EspazoLuzes pódese ver no seu blog.
Empresarios cataláns únense a favor da consulta. Vinte entidades empresariais preparan un manifesto a prol do referendo do vindeiro 9 de novembro.
O Concello de Lugo cre "inaudito" que o PP ralentice os servizos pendentes para o hospital da cidade emendando a iniciativa lexislativa popular que os reclamaba. Colectivos veciñais protestarán reproducindo o discurso no que Alberto Núñez Feijóo prometeu a instalación de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear en 2011. Cóntao El Progreso.
A Xunta prevé devolverlles as subvencións aos colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Cóntao La Voz
O PP ratifica que non actuará contra os edís de Santiago que serán xulgados o día 19 ata que o xulgado dite sentenza. Cóntao Faro de Vigo.
Hoxe comeza en Madrid o xuízo por branqueo contra o narco Marcial Dorado. Cóntao El País.
A Asociación PuntoGal informará das distintas fases de lanzamento do dominio .gal nun acto que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Cidade da Cultura. Tamén se presentará a primeira web que empregará o dominio.
O 67% dos galardóns culturais galegos premian homes, un 20% mulleres e un 13% asociacións ou obras artísticas. De igual xeito, só un 8,4% dos galardóns xornalísticos son recibidos por mulleres, segundo destaca a segunda entrega do informe A muller na cultura galega, elaborado polo CCG.
O parlamento catalán inicia o trámite para prohibir a presenza de animais nos circos. A proposta conta co apoio de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP, e o rexeitamento de PP e Ciutadans.