O DOG publica hoxe as ordes para que o persoal ao servizo da Administración e traballador por conta allea poida dispoñer de permisos para votar nas eleccións europeas no caso de que o 25 de maio sexa laborable.
Fálase
PP, PSOE, PNV, CiU e UPyD rexeitan someter a referendo o tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos. Cóntao El Diario.
A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra pedirá unha reunión coa Fiscalía para trasladarlle a súa preocupación polo aumento de sentenzas favorables aos maltratadores, tras asinarse acordos de conformidade.
A Revista Luzes celebrou onte un debate entre os principais candidatos galegos ás eleccións europeas. O acontecido no #EspazoLuzes pódese ver no seu blog.
Empresarios cataláns únense a favor da consulta. Vinte entidades empresariais preparan un manifesto a prol do referendo do vindeiro 9 de novembro.
O Concello de Lugo cre "inaudito" que o PP ralentice os servizos pendentes para o hospital da cidade emendando a iniciativa lexislativa popular que os reclamaba. Colectivos veciñais protestarán reproducindo o discurso no que Alberto Núñez Feijóo prometeu a instalación de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear en 2011. Cóntao El Progreso.
A Xunta prevé devolverlles as subvencións aos colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Cóntao La Voz
O PP ratifica que non actuará contra os edís de Santiago que serán xulgados o día 19 ata que o xulgado dite sentenza. Cóntao Faro de Vigo.
Hoxe comeza en Madrid o xuízo por branqueo contra o narco Marcial Dorado. Cóntao El País.
A Asociación PuntoGal informará das distintas fases de lanzamento do dominio .gal nun acto que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Cidade da Cultura. Tamén se presentará a primeira web que empregará o dominio.