Xefes de seguridade de ADIF negan ante o xuíz que os sinais de Angrois fosen responsabilidade súa. En El País.
Fálase
O sector do lixo convoca folga na Coruña para o 4 de outubro. Albada, Cespa, Sogama e Lousame apoian o paro polo conflito na recollida do lixo na cidade.
A secretaria xeral de Igualdade defende as subvencións a centros educativos que segregan nenos e nenas. En resposta á deputada Carme Adán (BNG), Susana López Abella asegura que o bipartito non lles retirou as axudas a estes colexios, aínda que si chegou a tomar a decisión.
Un economista premio Príncipe de Asturias non descarta que haxa que bombardear Cataluña. Juan Velarde cre que o poder central ten que poñerse "duro e serio" co independentismo.
Feijóo asegura que chegou á presidencia do PPdeG a través de eleccións primarias. Foi elixido nun congreso por delegados no que se votou unha lista única tras a retirada dos seus competidores, José Manuel Barreiro, Enrique López Veiga e Xosé Cuíña.
O estudio de deseño Cenlitrosmetrocadrado presenta o seu proxecto de acondicionamento dun hórreo para que funcione como suite con distintos usos durante a época estival.
Rodrigo Rato, imputado por varios presuntos delitos, ingresará máis de medio millón de euros ao ano despois da súa fichaxe como asesor do Banco Santander. Traballa tamén como asesor para Telefónica.
Militantes de Amencer Dourado asasinan un coñecido cantante grego de hip hop. Pavlos Fyssas, de 34 anos, era activista do partido anticapitalista Antarsya
O Supremo avala que o presidente de Madrid poida ser cualificado de "corrupto" no Parlamento no marco dun debate político. Na Cámara galega a deputada Ana Pontón (BNG) foi apercibida por aplicarlle ese cualificativo a Feijóo.
Acordonado o Parlament de Cataluña por unha mochila sospeitosa. Ninguén pode entrar nin saír do edificio.