The New York Times xa ten máis subscritores na súa edición dixital que na impresa
Fálase
Carolina do Norte aproba en referendo unha emenda á Constitución para prohibir explicitamente o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É o trixésimo estado dos Estados Unidos que o fai.
"O que hai que facer con Bankia é nacionalizala", dille Alberto Garzón (IU) a Rajoy
Está sendo moi criticada a portada de La Razón de hoxe, na que baixo o título Los malos estudiantes agitan la educación, bota man de datos persoais dalgúns líderes estudantís para desacreditar as súas protestas.
"Hoxe comeza unha nova SGAE". Antón Reixa promete "renovación" e "non volver atrás" nas súas primeiras declaracións como presidente da sociedade de autores.
SOS Racismo denuncia a campaña do PP Primero, los de Bilbao. O Partido Popular repartiu 50 mil follas informativas pedindo que se prime aos nacidos na cidade fronte ás persoas migrantes na adxudicación de vivendas.
O presidente do Tribunal Supremo, denunciado por malversación de fondos. Un vogal do Poder Xudicial acusa a Carlos Dívar de gastar 5.658 euros de cartos públicos en viaxes privadas de fins de semana a hoteis de luxo
Fútbol. O Celta non dá marcado en Cartaxena e empata o partido que tiña aprazado (1-1). Con este resultado, o equipo vigués segue terceiro na táboa, a dous puntos do Valladolid e a sete do Deportivo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestouse hoxe en varias localidades do país contra os recortes na ensinanza. Imaxe de @BNGCompostela
A Federación Europea de Xornalistas condena as intimidacións do partido neonazi grego á prensa, cuxos membros obrigaron os informadores a erguérense ante o seu líder en sinal de "respecto"